Villares, En Marea e a sentenza da infanta

lv-cb

Cando criamos que xa tiñamos esgotada a capacidade de asombro ou sorpresa, chega o Portavoz de En Marea, Luís Villares, e demostra que aínda nos pode sorprender coas súas posicións. Primeiro foi aquilo de “a Constitución (española) é o imperio da lei; dentro da lei todo, fóra da lei, nada”, despois a profesión de fe de autonomismo, mesmo asegurando que o Estatuto de autonomía “nos quedaba grande”. Agora é a avaliación da sentenza sobre a irmá do Borbón como correcta (“chega ben”) e cuestionando só que chega tarde.

Está tremendo (e temendo polo seu futuro) o Estado español monárquico e unitario con tanto rupturismo xunto! Continuar lendo “Villares, En Marea e a sentenza da infanta”

A campaña e a Eurocopa acentúan o perfil españolista de Podemos

Arriba

Após se presentar reiteradamente como ‘a mellor garantía para a unidade de España’, Podemos multiplica as apelacións ao patriotismo español e ao exército. #VamosEspaña é hasttag habitual dun Pablo Iglesias que presume de ser o único capaz de derrotar o independentismo en canto os autoproclamados independentistas da FPG/Anova calan e continúan traballando para facer Iglesias presidente.

Facer pasar Podemos por unha forza antisistema é cada vez máis difícil, tendo en conta que explicita que o seu obxectivo é reformar a Constitución ‘para mellorala’ e que eles propios asumen a posición de ‘nova socialdemocracia’, quer dicir, de substituta do PSOE. Facelo pasa por defensor da soberanía das nacións -como algúns pretenden- é imposíbel. Continuar lendo “A campaña e a Eurocopa acentúan o perfil españolista de Podemos”

IU chámalles cretinos e Anova sospeita algo

Cretino

Podería parecer até un gag dos Les Luthiers se non fose real como a vida mesma e mostra do grao de dexeneración dese ‘espazo’ chamado En Marea, que está a dar un espectáculo tamén digno dos arxentinos. Asi que, como díría Castelao, non riades que o conto é triste.

Rubén Pérez, secretario de organización de Esquerda Unida afirmou nun debate en V Televisión que “se alguén se presenta a unhas eleccións para ter grupo próprio é un cretino. O tamén dirixente do PCE na Galiza evidenciou con esta afirmación que era consciente de que o compromiso electoral de que ían constituír un grupo galego no Congreso foi, desde o comezo, unha promesa fraudulenta pois, para alén de saber que indo partidos estatais na coligazón non era posíbel, tampouco tiñan interese niso. Ficou claro que foi apenas unha táctica para tirar votos nacionalistas a Nós/BNG. Continuar lendo “IU chámalles cretinos e Anova sospeita algo”

Disociativo Beiras: unha cousa en Cataluña, na Galiza outra

Foto familia
Foto de familia de Anova, Podemos e IU

Non é fácil comprender desde a racionalidade o comportamento político de Beiras. Mais non me negarán que se parece moitos a un trastorno (político) de identidade disociativo. Senón, como se pode cualificar o feito de que aquí diga unha cousa e fóra a contraria? Ou aínda, que para outras nacións defenda posicións que para a nosa nega? Vexamos.

Afirma Beiras na TVG que ‘se fose catalán, votaría na CUP’. Perfecto! Eu tamén. Mais el, como é galego, polo visto no noso País prefire apoiar Podemos e IU, que aló aliñan con PP, PSC e C’s na frente do NON, actuando como a punta de lanza do españolismo contra a independencia de Catalunya e aquí tamén contra a da Galiza. Eu non. Continuar lendo “Disociativo Beiras: unha cousa en Cataluña, na Galiza outra”

Manifesto ‘Pola unión’

Polo seu interese, recollemos aquí o Manifesto en prol dunha candidatura galega de unidade nas Eleccións Xerais, que conta xa con máis de 600 apoios. Se quixeres asinar, debes ir ao blogue de Pola unión.

 

25Xullo2015-39

Vámonos todos a unir,
matando rencores cegos;
que na unión dos bos galegos
está da patria o porvir!

Curros Enríquez: “Pola unión”

POLA UNIÓN

Dentro de poucos meses, o goberno do Partido Popular convocará eleccións ao Parlamento Español. Estas eleccións vanse celebrar nunha situación marcada por unha das máis profundas crises que atravesaron Europa despois da II Guerra Mundial. No estado español, a crise ten ademais características de seu: unha, na que ecoa o pasado, constituída pola corrupción que percorre institucións públicas e privadas; outra, de esixencia democrática, fornecida polos movementos soberanistas, nomeadamente os de Cataluña e Euskadi. Continuar lendo “Manifesto ‘Pola unión’”

IU: “Que se quite o BNG que me poño eu”

Martiño-GarzónAlgun(ha)s andan descolocad@s coa aposta do BNG nunha candidatura nacional galega de unidade para as eleccións xerais, supoño que por sospeitaren que o seu xogo de marea ‘galega’ aparencial vai ficar ao descuberto. Recollen os medios que seica Yolanda Díaz pide ao BNG “que se poña a un lado” para deixar o protagonismo a “outros actores sociais”. Non sabemos se con isto Yolanda se estaba a referir a Alberto Garzón, candidato de Izquierda Unida (IU) de xira por provincias para articular a candidatura desta forza da esquerda española en Galiza, con base nas chamadas Mareas. Continuar lendo “IU: “Que se quite o BNG que me poño eu””

Estes senegaleses son galegos (ou o nacionalismo ‘excluínte’)

Senegal

O caso de Djiby Fall e Cheikh Faye, galegos de orixe senegalesa excluídos pola Xunta Electoral da candidatura do BNG-Asembleas Abertas da Coruña é, para o combate aos preconceptos e á demagoxia, a imaxe que vale máis que mil palabras. O nacionalismo galego inclúeos, a lexislación e a administración españolas exclúenos. Continuar lendo “Estes senegaleses son galegos (ou o nacionalismo ‘excluínte’)”

La Voz: Manipula, que algo queda!

Voz
O afán de La Voz de Galicia por influír politicamente para levar a auga ao seu muíño non é nada novo. Como bon xornal do sistema, leva facéndoo desde sempre. Por tanto, non debe sorprendernos. No entanto, é de admirar a impudicia con que distorce a realidade, mesmo xa a realidade que pasou previamente polo cribo político do señor de Sabón. Só hai que ver a información da segunda feira, 26 de abril, sobre o inquérito electoral do día anterior.
Non imos entrar nos resultados do inquérito, nin na metodoloxía nin na certeza dos datos publicados. Partimos da base de que se trata de condicionar a opinión pública máis que de reflectila. Imos á interpretación que fai o propio xornal. Para comezar, arranca con un titular categórico, que leva utilizando anos sen que nunca o desexo que expresa se vise cumprido: ‘El desplome del BNG…’. Os propios inquéritos que realiza La Voz através deSondaxe véñenlle atribuíndo ao BNG unha intención de voto no conxunto do País acima de 14%, practicamente en porcentaxes de hai 4 anos. Mais xa se sabe, non deixes que a realidade che estrague un bon titular, sobre todo se se trata de manipular…

Continuar lendo “La Voz: Manipula, que algo queda!”