La Voz: Manipula, que algo queda!

Voz
O afán de La Voz de Galicia por influír politicamente para levar a auga ao seu muíño non é nada novo. Como bon xornal do sistema, leva facéndoo desde sempre. Por tanto, non debe sorprendernos. No entanto, é de admirar a impudicia con que distorce a realidade, mesmo xa a realidade que pasou previamente polo cribo político do señor de Sabón. Só hai que ver a información da segunda feira, 26 de abril, sobre o inquérito electoral do día anterior.
Non imos entrar nos resultados do inquérito, nin na metodoloxía nin na certeza dos datos publicados. Partimos da base de que se trata de condicionar a opinión pública máis que de reflectila. Imos á interpretación que fai o propio xornal. Para comezar, arranca con un titular categórico, que leva utilizando anos sen que nunca o desexo que expresa se vise cumprido: ‘El desplome del BNG…’. Os propios inquéritos que realiza La Voz através deSondaxe véñenlle atribuíndo ao BNG unha intención de voto no conxunto do País acima de 14%, practicamente en porcentaxes de hai 4 anos. Mais xa se sabe, non deixes que a realidade che estrague un bon titular, sobre todo se se trata de manipular…

Mais o realmente interesante vén agora. Para exemplificar ese desplome, recorre ás expectativas das forzas emerxentes: os ‘coaligados de Podemos’ que, ao que parece, se ven alentados pola baixada do BNG e Ciudadanos, que seica supera o BNG nas cidades. Agora, vexamos os datos -insisto, os datos do propio inquérito de La Voz de Galicia- e tiremos conclusións.
Segundo Sondaxe, o BNG obtería 22 concelleir@s nas cidades, Ciudadanos, 11 e as Mareas un máximo de 17. Aínda así, “los de Albert Rivera superan claramente al Bloque en las urbes, por 11 concejales a 9”. E como consegue La Voz este milagre que contradí os seus propios datos? Pois moi fácil, “si se deja al margen la ciudad de Pontevedra”. E por que hai que deixar fóra Pontevedra? Fácil tamén: porque senón non saen as contas!
En relación ás Mareas, tamén o titular non casa coa información posterior, pois na letra pequena o que se salienta é outra cousa ben distinta: “Su implantación es relevante solo donde se hunde el PSOE”. Mais, que máis dará, La Voz ten claro cal é o obxectivo. Todo isto á marxe da deturpación que supón limitar os estudo ás cidades e algunhas grandes vilas, as únicas prazas en que se presentan ‘Podemos y las Mareas’ e Ciudadanos. Porque, claro, no conxunto do País o BNG multiplicará por 10 ou por 20 os resultados duns e doutros.
E fronte a tanta impudicia -ou, mellor, inmundicia- manipuladora? Pois tamén debería ser fácil: menos La Voz de Galicia e máis medios propios, quer dicir, en galego e comprometidos co País e coa verdade.
Anúncios

Um comentário sobre “La Voz: Manipula, que algo queda!

  1. As duas mares que saen premiadas polo inquerito da Voz do seu amo, a de Compostela i a de Ferrol están emcabezadas por dous tertulianos asiduos da Voz:Martiño en viaV e radiovoz i Jorge Fernadez na radiovozferrol.

    Curtir

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s